Só a poesia nos pode salvar... já que nada mais nos pode salvar

09:39


A poesia das palavras, da música, dos actos, da vida:
"Música Náufraga: onte, tentando acalarme a min mesmo a cabeciña explicando á boa xente que me escoitou na Librería Cronopios de Pontevedra, os motivos polos que escribo, entre outros, dixen que por pura emoción. Xa sei que estamos obrigados a definirnos como racionais, lóxicos, fríos, xélidos neuronados que calibran positivlidades e deciden segundo matemáticos criterios. Seino. Mais por iiso manda no mundo a prima de risco. 
Sen embargo, eu escribo, vivo amo respiro son estou proxecto e incluso penso, por emoción. McCartney leva 50 anos escribindo cancións. E aló polo 1976 -dez anos tiña eu- reinvidicou, roqueiro, o seu dereito a escribir "parvas cancións de amor". Agora que está a piques de cumprir 70 anos (o vindeiro 18 deste mes), agasállanos con temas coma este. Emoción pura. Para dicir, quérote, dende sempre, lémbroo a diario, sei que sae o sol porque estás comigo. Creo que el compón cancións, tamén, por pura emoción. E cando eu teña 70, quero seguir escribindo polos mesmos motivos. No básico, porque me emociona a vida."

Francisco Castro, escritor galego, via https://www.facebook.com/franciscocastroveloso, a 06/06/2012.




You Might Also Like

0 comentários

Licença Creative Commons
Este trabalho está licenciado com uma Licença Creative Commons - Atribuição-NãoComercial 4.0 Internacional.